Monday 20 de May de 2024

Este luns arranca en Ordes o ‘Carnival Camp’


Os vindeiros luns e mércores, 27 de febreiro e 1 de marzo, terán lugar en Ordes as actividades do ‘Carnival Camp’. As ditas xornadas de conciliación están dirixidas aos nenos e nenas de 3 a 12 anos e nelas participarán un total de 15 menores. Todas e todos eles disfrutarán de obradoiros, festas, disfraces e celebracións. A iniciativa está organizada polo Concello de Ordes e conta coa colaboración da escola ConTalento e co financiamento da Deputación da Coruña.